OS TELEVISORES ESTRÁBICOS

OS TELEVISORES ESTRÁBICOS

978-84-9914-717-8 / 9788499147178
Os televisores estrábicos emiten historias dun mundo tan cotián e á vez tan estraño que por veces parecen tatuaxes da realidade que vivimos. Na programación atopamos un atracador que ao saír do banco bate co único policía local de garda; comprobamos como unha tarde de pesca nun río pode rematar en ataque de pánico; sabemos que as mantas eléctricas espantan a friaxe dos pés, pero non a soidade; coñecemos a historia de F, un alcohólico que puido xogar no Deportivo e aprendeu que a vida é unha partida de futbolín; que as empresas saben ben máis ca nós dos seus negocios; que as noticias son as que son porque os xornalistas beben coca-cola light; ou que os caramelos de café con leite poden ser ben amargos...
Os televisores estrábicos é a ollada bidireccional dun home que deixa todo atrás para escribir un libro de relatos cos cartos dunha indemnización por despedimento. É a loita radicalmente optimista por sobrevivir a un tempo de desesperanza, conscientes de que aquí é obrigado vivir de pé, basicamente porque a vida queima.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-717-8
  • EAN: 9788499147178
  • Año: 2014
  • Colección: Narrativa
  • Nº páginas: 144
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.