O VIOLÍN DE REMBRANDT

O VIOLÍN DE REMBRANDT

978-84-9914-743-7 / 9788499147437
Un cadro e un violín porán a proba os principios dun profesor de historia da arte que traballa nos cursos de nocturno do Colexio Academia Atenea, onde don Atilano e Margaret Thatcher, marcan a liña pedagóxica. Mais tamén Violeta, filla dun embaixador arxentino, que avisa a tres días vista cando vai levar un amante ao piso «para gardar o protocolo diplomático»; Vladimir Ilich, Bladimiro Regueira, que marchará á capital do reino para triunfar na farándula; Antón Coira, que cambiou as prácticas de sindicalista, polas de tratante de arte; Alicia, que prepara oposicións para todo; Gertrud, a avogada de Düsseldorf, capaz de dicir «ducha ou jacuzzi?», como quen di té ou café, e coa mesma quitar a roupa e meterse na bañeira; Teresa Moure, daltónica, pero con vista para levar unha galería de arte; Armando Ónega, un dos homes máis ricos do planeta. E logo están don Leoncio, o cura especialista en Bach; Indalecio, o camareiro do Delicias, que pensa que a climatoloxía a ten tomada con el; Marián, que confía no materialismo esotérico...
A xuízo do xurado do Premio Blanco Amor, O violín de Rembrandt é unha novela de lectura fluída, na que «prima o humor cun ton áxil, fresco e irreverente que reflicte ambientes sociais de pequenas cidades, nas que o contraste entre o global e o local vese neutralizado con personaxes cotiáns».
  • 19,50 €
  • No disponible temporalmente
  • Autores: ,
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-743-7
  • EAN: 9788499147437
  • Año: 2014
  • Colección: Narrativa
  • Nº páginas: 200
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.