O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA

O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA

978-84-403-1256-3 / 9788440312563
O quiosco de prensa do señor Xerardo, a tenda de sombreiros de dona Elisa, a pastelería de don León, a xastrería de monsieur Didier, o estanco da señorita Violeta... Como todas as mañás, o mociño Gustavo Esmorís disponse a percorrer a cidade coa súa carretilla na idea de enchela de cartóns e papeis vellos para así botar unha man na casa. Porén, aquela escura e fría mañá non acaba sendo coma as outras: tras perderse nun labirinto de rúas descoñecidas, o noso pequeno amigo atopa unha solitaria librería e da man do peculiar señor Marmaduke, o seu dono, descobre un monte de cousas (por non falar dunha terrible conspiración). Abofé que a partir dese momento a súa vida non volverá ser coma antes.

Homenaxe declarada ao libro, ás librerías e ás aventuras que nos esperan á volta do camiño.?O segredo da vella librería? é unha novela de auténticos aires ?dickensianos? na que, a dicir do seu autor, ?todo é como felizmente debe ser aínda que ao comezo non o pareza?.
  • 9,50 €
  • No disponible temporalmente
  • Autores: ,
  • Editorial: EVEREST
  • ISBN: 978-84-403-1256-3
  • EAN: 9788440312563
  • Año: 2014
  • Colección: PUNTO DE ENCONTRO
  • Nº páginas: 128
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.