FUNAMBULISTAS

FUNAMBULISTAS

978-84-9914-823-6 / 9788499148236
Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de Funambulistas. Na vida apenas hai certezas e mesmo aquelas ás que nos aferramos poden verse truncadas en calquera momento. Procuramos con teimosía a estabilidade (profesional, económica, emocional etc.) e, aínda que a teñamos, non podemos mantela definitivamente: a estabilidade é un agasallo vulnerable, sen garantías. Vivimos expostos a ventos e tempestades e dese xeito avanzamos pola corda inestable, as máis das veces sen rede.
Funambulistas é un libro de relatos -moitos deles ligados entre si- de ampla variedade de situacións, de circunstancias e de personaxes, nos que predomina a primeira persoa, a fin de que os protagonistas poidan expresarse con propia voz. Do dramatismo ao suspense, da denuncia ao humor, este libro de Mercedes Leobalde está protagonizado por mulleres e homes retratados en situacións moi diversas: algunhas cotiás, outras verdadeiramente excepcionais (o monxe en plena crise espiritual, o náufrago no medio do océano, a muller maltratada que reúne forzas para se rebelar, o xadrecista namorado, a ladroa do códice, a nai adolescente, o home con tendencias suicidas, a enferma terminal disposta a espremer os seus últimos meses de vida...).
Con Funambulistas, Mercedes Leobalde móstrase como unha hábil narradora para descifrar os camiños da vida.
  • Envío en 3 días
  • Autores: ,
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-823-6
  • EAN: 9788499148236
  • Año: 2015
  • Colección: Narrativa
  • Nº páginas: 112
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.