FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

978-84-96128-53-8 / 9788496128538
O presente manual estrutúrase en torno a catro grandes bloques temáticos que tratan a realidade laboral desde catro posicións distintas: a seguridade e saúde no traballo, as relacións laborais e de seguridade social, a actividade económica e empresarial e a procura de emprego.

O bloque de Prevención de Riscos Laborais introduce ao alumnado no eido da saúde laboral, poñendo de releve a íntima relación existente entre traballo e saúde, achegándolle ferramentas para que cando se incorpore ao mundo do traballo poida facelo de xeito seguro e valorando a necesidade de desenvolver o traballo de forma preventiva, salvagardando a seguridade e saúde propia e a dos demais traballadores e traballadoras.

O bloque de Dereito Laboral e da Seguridade Social achégase ao mundo das relacións laborais. Trata cuestións como o contrato de traballo e os dereitos e deberes para traballadores e empresarios que del derivan, o dereito sindical e as prestacións da Seguridade Social.

No bloque de Economía e Empresa ofrécense nocións básicas da actividade económica e empresarial, dentro da que se incardinan as relacións laborais nas que o alumno e alumna estarán insertos.

Por último, o bloque de Procura de Emprego pretende orientar ao alumnado no proceso de transición da vida académica ao mundo do traballo, dándolle ferramentas para que poida levar a cabo o proceso de procura de emprego con garantías.

Cada unha das dezaseis unidades didácticas nas que se divide o manual iníciase coa indicación dos seus obxectivos, propoñendo a continuación unha avaliación inicial referida aos contidos que se tratarán nela. Ao final das mesmas propóñense actividades que permitirán ao alumnado poñer en práctica e comprobar a profundidade e rigor dos coñecementos adquiridos.
  • 14,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: BAHÍA EDICIÓNS
  • ISBN: 978-84-96128-53-8
  • EAN: 9788496128538
  • Año: 2011
  • Colección: Libros de texto
  • Nº páginas: 278
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.