O LABIRINTO DA SAÚDADE

O LABIRINTO DA SAÚDADE

978-84-8487-230-6 / 9788484872306
O labirinto da saudade traza un movimento feliz entre a vivencia, a experiencia directa e a súa elaboración intelectual, á luz da longa tradición de estudos sobre a saudade. Neste ensaio, á par fondo e leve, son conxugados e procurados con harmonía e en equilibrio a creación e o saber, até achegar unha perspectiva diferente e orixinal, que recolle os contributos doutros pensadores, beneficiándose da súa riqueza.
A partir da experiencia psicolóxica persoal da morriña e a saudade, ligada a lugares (unha ría, unhas praias), tempos (o verán, as vacacións) e épocas (a infancia, a adolescencia e xuventude), o autor fai un percurso, reflexionando, lembrando, interpretando, por algúns dos moitos vieiros que as culturas galega e portuguesa foron abrindo ao redor da saudade: a filosofía (Ramón Piñeiro, Teixeira de Pascoaes e António Sérgio, Carolina Michaëlis, Andrés Torres Queiruga, Paulo Borges), a pintura (Henrique Pousão, António Carneiro... Silva Porto), a escultura (Soares dos Reis), a poesía (Pondal... Carvalho Calero, Avilés de Taramancos). Deambulando entre Galiza (O Pedrido, Ponteceso, A Coruña, Corme... Miño) e Portugal (Caminha, Luso, Amarante, Lisboa, O Alentexo... Porto), paso a paso, de autor en autor e de obra en obra, vai perfilándose, elaborándose e propóndose unha nova concepción filosófica da saudade que fai énfase nas dimensións comunicativa e colectiva, así como no aspecto activo e no contexto solidario
  • Envío en 3 días
  • Autores: ,
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-230-6
  • EAN: 9788484872306
  • Año: 2013
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 144
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.