TEXTICULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

TEXTICULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

978-84-8487-237-5 / 9788484872375
Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema “textículos dramáticos e posdramáticos”, que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación “post” que se lles reclama, como pola dimensión “testicular” dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor).

Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, “de amor”, pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes “textículos” de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: “Pero turbados los dos nos escondíamos”.

(Do prólogo de Manuel F. Vieites)

“Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana.

Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.”

(O autor
  • Envío en 3 días

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.