UN MUNDO DE PALABRAS

UN MUNDO DE PALABRAS

978-84-9121-234-8 / 9788491212348
Un mundo de palabras reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aquí escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.
Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da súa vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamén accederemos ás reflexións de signo máis teórico que responden á visión e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na súa importancia para construír unha sociedade moderna, xusta e máis libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmisión do virus da lectura e para a súa promoción, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animación, achegando as súas propias propostas.
Estes textos permítennos gozar unha vez máis da voz de Agustín Fernández Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a súa traxectoria pública, das súas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiración, estas páxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.
  • Envío en 3 días

Otros libros del autor FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN

CUENTOS POR PALABRAS
CUENTOS POR PALABRAS
978-84-19099-84-6
FORMATO PAPEL
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
9,50 €
Envío en 3 días
+ detalle
MURS
MURS
978-84-9856-349-8
FORMATO PAPEL
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
8,75 €
Envío en 3 días
+ detalle
A PRAIA DA ESPERANZA
A PRAIA DA ESPERANZA
978-84-1110-360-2
FORMATO PAPEL
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
12,50 €
Envío en 3 días
+ detalle
A CIDADE DOS DESEXOS
A CIDADE DOS DESEXOS
978-84-1110-260-5
FORMATO PAPEL
FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN
11,95 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección CRONICA

CRÒNIQUES DEL 6 I ALTRES RETALLS DE LA CLAVAGUERA POLICIAL
CRÒNIQUES DEL 6 I ALTRES RETALLS DE LA CLAVAGUERA POLICIAL
978-84-96044-80-7
FORMATO PAPEL
FERNÁNDEZ RAMOS, DAVID
17,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
CANDO CAEN AS FOLLAS
978-84-7680-762-0
FORMATO PAPEL
CAMPOS, XOSE RAMON
20,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
MUJERES, GÉNERO Y VIOLENCIA EN LA GUERRA CIVIL Y LA DICTADURA DE FRANCO
MUJERES, GÉNERO Y VIOLENCIA EN LA GUERRA CIVIL Y LA DICTADURA DE FRANCO
978-84-18614-98-9
FORMATO PAPEL
Y OTROS, MIR, CONXITA
27,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
A XUSTIZA POLA MAN
A XUSTIZA POLA MAN
978-84-9121-799-2
FORMATO PAPEL
CABO, MIGUEL, LEIRA-CASTIÑEIRA, FRANCISCO J.
25,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.