MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO

MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO

978-84-9121-372-7 / 9788491213727
Maternidade fóra de catálogo é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.
Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer.
No medio desa experiencia "Maternidade fóra de catálogo" analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares.
Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz.
"Maternidade fóra de catálogo" pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.
  • ISBN: 978-84-9121-372-7
  • EAN: 9788491213727
  • Año: 2018
  • Colección: PETO
  • Nº páginas: 326
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.