AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA

AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA

ESTUDIOS COMPOSTELÁNS DO XIX

978-84-16460-51-9 / 9788416460519
AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA. ESTUDIOS COMPOSTELÁNS DO XIX é unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que ofrece descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela desde 1988), ofrece nestas páxinas un traballo riguroso, documentadísimo e enormemente didáctico. Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que se inicia situando os albores da fotografía en Galicia para presentar a continuación o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.
Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Queda trazada a biografía de ata vintecatro profesionais e os seus estudios fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría de eles, a súa ideoloxía común progresista o su acercamento á masonería. Adícase un apartado á presencia da muller na fotografía con novos descubrimentos arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudio propio, Andrés Cisneros, e ademáis descubrimos feitos totalmente singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos... Trátase, en fin, dun traballo sin precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: ALVARELLOS EDITORA TECNICA
  • ISBN: 978-84-16460-51-9
  • EAN: 9788416460519
  • Año: 2019
  • Colección: ILUSTRADA
  • Nº páginas: 300
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.