PEQUENO PANTEÓN PORTÁTIL

PEQUENO PANTEÓN PORTÁTIL

978-84-8487-151-4 / 9788484871514
Aqueles que arredor de 1965 tiñan entre vinte e trinta anos, atopáronse cun número excepcional de mestres no campo da filosofía. Os vellos como Sartre, Lacan ou Canguilhem estaban aínda en plena actividade; os que eran algo máis novos, como Althusser, estaban a despregar a súa obra, e toda unha xeración, os Deleuze, Foucault, Derrida, entraban en escena.

Hoxe todos eses mestres están mortos. O panorama filosófico, sobradamente poboado de impostores, está composto doutro xeito, non tirando a súa consistencia máis que daqueles, novos ou menos novos, que, formulándoas novamente na súa propia linguaxe, saben ser fieis a cuestións que nos animaron hai corenta anos. Creo que é de xustiza reunir as análises e homenaxes que ao longo de anos, cando ían desaparecendo, consagrei a aqueles aos que debo o significado, sempre inhumano en tanto que nobre e combatente, da palabra filosofía. Debo dicir que non sempre tiven con estes contemporáneos relacións sinxelas e tranquilas: como di Kant, a filosofía é un campo de batalla. Pero, ao considerar hoxe os innumerábeis ?filósofos? mediáticos, podo dicir que quero a todos aqueles dos que falo neste libro. Si. Quéroos a todos.
  • 12,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-151-4
  • EAN: 9788484871514
  • Año: 2019
  • Colección: COLECCION XERAL
  • Nº páginas: 127
  • Traductor: SAMPEDRO, FRANCISCO
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.