SANTIAGO RAMÓN Y CAJAL. OS TÓNICOS DA VONTADE

SANTIAGO RAMÓN Y CAJAL. OS TÓNICOS DA VONTADE

REGRAS E CONSELLOS SOBRE INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA

978-84-17595-08-1 / 9788417595081
Malia unha vida non exenta de contradicións, algo resulta indiscutible ao falarmos de Santiago Ramón y Cajal: a súa fervorosa paixón polo progreso científico e a súa inquebrantable fe no avance humano. Nunha época de incipiente desenvolvemento da investigación científica, Ramón y Cajal consagrou os seus anos ao culto do saber e a nutrir un insaciable apetito de coñecemento. A súa achega á ciencia neurolóxica, que situaba as células cerebrais independentes no centro da función neuronal e que é coñecida actualmente como doutrina da neurona, permitiu enormes avances na teoría do funcionamento do cerebro e no coñecemento da fisioloxía do sistema nervioso. Erudito en diversas áreas da medicina e con grande entendemento tamén en histoloxía, fotografía, literatura?, foi un acérrimo defensor da educación e a investigación. Dende unha visión claramente antropocéntrica do mundo, insistiu con obra e palabra na idea do científico como dono e forxador do seu destino e da súa sabedoría: o sabio non nace, fórmase a si mesmo con traballo, esforzo, e dedicación.Os tónicos da vontade. Regras e consellos sobre investigación científica, a súa obra máis popular, ten o xerme no seu discurso de ingreso na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1897. Orientada cara ao estudante e ao científico novel, a obra convida a un ameno paseo pola teoría biolóxica cajaliana e ofrece un alentador e romántico discurso en defensa da vocación individual e da capacidade humana á hora de encarar os enigmas da vida e da existencia, así como unha apaixonada reivindicación da actividade científica como oficio e como crecemento persoal. Sabio e mestre, Cajal deixou a súa luminosa pegada na abismal escuridade da incerteza científica e antropolóxica, o que lle valeu ser hoxe considerado un xenio da ciencia e a súa obra un clásico do pensamento.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: Servizo de Publicacións e Inte
  • ISBN: 978-84-17595-08-1
  • EAN: 9788417595081
  • Año: 2019
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 255
  • Traductor: OTERO COSTAS, XESÚS
  • Encuadernación: Cartoné
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor RAMÓN Y CAJAL, SANTIAGO

Portada No Disponible
EL FABRICANTE DE HONRADEZ
978-84-128119-8-8
FORMATO PAPEL
RAMÓN Y CAJAL, SANTIAGO
16,50 €
Envío en 3 días
+ detalle
OBRAS ESCOGIDAS: MI INFANCIA Y JUVENTUD. LOS TÓNICOS DE LA VOLUNTAD. EL MUNDO VI
OBRAS ESCOGIDAS: MI INFANCIA Y JUVENTUD. LOS TÓNICOS DE LA VOLUNTAD. EL MUNDO VI
978-84-15255-76-5
FORMATO PAPEL
RAMÓN Y CAJAL, SANTIAGO
50,00 €
Envío en 2 días
+ detalle
EL PESIMISTA CORREGIDO
EL PESIMISTA CORREGIDO
978-84-17666-52-1
FORMATO PAPEL
RAMÓN Y CAJAL, SANTIAGO
9,36 €
Envío en 3 días
+ detalle
LA RETINA DE LOS VERTEBRADOS
LA RETINA DE LOS VERTEBRADOS
978-84-00-10845-8
FORMATO PAPEL
RAMÓN Y CAJAL, SANTIAGO
38,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección < Genérica >

Portada No Disponible
CALISTA
978-84-128302-2-4
FORMATO PAPEL
GUIRAO SERRANO, ESTER, VAZQUEZ, ELENA F.
14,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
CAP DE CREUS
CAP DE CREUS
978-84-7011-112-9
FORMATO PAPEL
EQUIPO TECNICO EDITORIAL ALPINA
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
COTIELLA
COTIELLA
978-84-7011-111-2
FORMATO PAPEL
EQUIPO TECNICO EDITORIAL ALPINA
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
DELTA DE L'EBRE
DELTA DE L'EBRE
978-84-7011-102-0
FORMATO PAPEL
BORREGO PEREZ, JUAN CARLOS
15,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.