AO VOSO GUSTO E MEDIDA POR MEDIDA

AO VOSO GUSTO E MEDIDA POR MEDIDA

978-84-8487-437-9 / 9788484874379
Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio.
AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz. Pero hai tamén outros personaxes de grande atractivo: o melancólico Xacobe, o bufón Pedradetoque, os pastores Silvio e Feba…
A acción de MEDIDA POR MEDIDA (1604) está situada nun contexto urbano, cos seus baixos fondos incluídos. É una obra de cores escuras, cuns personaxes demasiado humanos para unha comedia, constantemente no límite da traxedia, polo que máis propiamente hai que cualificala como traxicomedia. O duque de Viena decide ausentarse por tempo indefinido e deixa o goberno da cidade en mans de Ánxelo, home de moralidade estrita que está decidido a poñer freo ao que considera crecente libertinaxe sexual. Condena a morte a Clodio, que vai ter un fillo coa súa prometida. Isabel, unha noviza irmá de Clodio, é convencida para que interceda por el ante Ánxelo. Este accede a perdoalo, pero cunha condición. É unha obra que invita a reflexións morais sobre a corrupción e abuso do poder, a sexualidade, a mentira, a xustiza e o perdón. Dunha asombrosa modernidade, cun final aberto que na lectura queda en mans do lector e no escenario nas de actriz que interpreta a Isabel.
  • 7,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-437-9
  • EAN: 9788484874379
  • Año: 2019
  • Colección: Teatro
  • Traductor: PÉREZ ROMERO, MIGUEL
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor SHAKESPEARE, WILLIAM

Portada No Disponible
EL REY LEAR ; EL MERCADER DE VENECIA
978-84-7672-972-4
FORMATO PAPEL
SHAKESPEARE, WILLIAM
6,22 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
OTELO ; MACBETH
978-84-7672-982-3
FORMATO PAPEL
SHAKESPEARE, WILLIAM
6,22 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
EL SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO
978-84-140-4609-8
FORMATO PAPEL
SHAKESPEARE, WILLIAM
26,90 €
Envío en 2 días
+ detalle
EL MERCADER DE VENECIA
EL MERCADER DE VENECIA
978-84-8359-588-6
FORMATO PAPEL
SHAKESPEARE, WILLIAM
8,00 €
Envío en 2 días
+ detalle

Otros libros de la colección Teatro

EX HUMO ; EL CORDEL.
EX HUMO ; EL CORDEL.
978-84-17481-74-2
FORMATO PAPEL
APARCIO FERNÁNDEZ, ASIER
14,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
TIEMPO NO HACE RUIDO, EL
TIEMPO NO HACE RUIDO, EL
978-84-17481-75-9
FORMATO PAPEL
CARLOS HERRERA CARMONA
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
ÚLTIMO VIERNES DE MAYO, EL
ÚLTIMO VIERNES DE MAYO, EL
978-84-17481-71-1
FORMATO PAPEL
TEJERO, CARLOS
11,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
LA TEORÍA DEL LOCO
LA TEORÍA DEL LOCO
978-84-96837-47-8
FORMATO PAPEL
MONTERO, DAVID
10,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.