Até a aparición dos apuntamentos e notas que Antonio Gramsci escribiu nos cárceres fascistas, o estudo dos intelectuais tanto no movemento obreiro en xeral como no pensamento marxista en particular, non pasaba de ser unha achega a-histórica e superficial. Gramsci, nos seus apuntamentos dedicados aos intelectuais e á historia dos intelectuais, recollidos postumamente baixo o título de Os intelectuais e a organización da cultura, inscribe a estes no lugar que lles corresponde no complexo mundo da división social do traballo ou, se se prefire, no mundo da produción. Ao inscribir o intelectual no mundo da produción, Gramsci rehabilítao e dá a entender que a noción xeral do intelectual só pode ser funcional: todos os homes son intelectuais aínda que non realicen na sociedade a función de intelectuais. Esta concepción provoca a xeneralización do termo, de aí que o pensador italiano propoña unha división do intelectual en graos: do alto intelectual (os creadores das diversas ciencias, da filosofía, da arte, etc., é dicir, os creadores da ideoloxía dominante) aos pequenos intelectuais ou intelectuais subalternos: os administradores máis humildes, os divulgadores da riqueza intelectual xa existente, tradicional, acumulada, coa engádega de toda unha capa intermedia de intelectuais que aínda sendo cualificados de improdutivos, aproveitan a súa posición privilexiada para facerse asignar unha parte enorme da renda nacional. Todo este amplo grupo conformaría os transmisores da ideoloxía dominante
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.