ANTONIO GRAMSCI. CADERNOS DO CÁRCERE E OUTROS ESCRITOS
ESCOLMA
978-84-17595-31-9 / 9788417595319
Sería inexcusable privar a unha colección de grandes clásicos do pensamento da obra dun dos grandes teóricos do marxismo, impulsor de achegas fundamentais na evolución da esquerda europea. No contexto dos anos máis convulsos do século XX, Antonio Gramsci (1891-1937) fundou o Partido Comunista de Italia e foi vítima da barbarie mussoliniana. No seu breve periplo vital, Gramsci atopou o tempo necesario para legar á humanidade o testemuño dunha mente brillante, dinámica e adaptativa, na súa meirande parte grazas a textos redactados nas duras condicións dos cárceres fascistas e adoecendo sempre dunha precaria saúde. Os textos escolmados nesta antoloxía refírense, primeiro, ao período anterior ao encarceramento do autor (de 1916 a 1926); a parte principal da escolma corresponde xa aos anos de prisión, os chamados Cadernos do cárcere, escritos entre 1929 e 1935. Finalmente, a antoloxía incorpora unhas poucas pero moi significativas cartas. A variedade impresionante das anotacións dos Cadernos, a diversidade de temas e a fragmentación das reflexións pode desconcertar e impedir ver os grandes troncos baixo esa densa vexetación. Por iso, o limiar desta edición resulta imprescindible para proporcionar unha clave interpretativa do conxunto do pensamento gramsciano, un pensamento en cuxa traxectoria operaron tres acontecementos decisivos: a revolución Rusa de 1917; o movemento revolucionario dos consellos de fábrica en Turín en 1920 e, por último, a decisiva experiencia de Gramsci en Moscova e Viena entre 1922 e 1924 como membro da Internacional. Estes acontecementos acrisolaron o armazón argumental de Gramsci estimulando unha rápida aprendizaxe, unha acelerada evolución onde cada estadio contribuíu á definición dun pensamento moi pouco convencional, un pensamento que, oitenta e dous anos despois do tráxico pasamento do autor, renace en lingua galega coa plasticidade e vixencia que só se atopa nos clásicos.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.