O RELATO CURTO BRITÁNICO.

O RELATO CURTO BRITÁNICO.

978-84-17595-65-4 / 9788417595654
A presente unidade didáctica, O relato curto británico, corresponde coa primeira de tres unidades didácticas da materia optativa Narrativa Breve Inglesa e Norteamericana (6ECTS), impartida no cuarto curso primeiro cuadrimestre do Grao en Lingua e Literatura Inglesas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A materia Narrativa Breve Inglesa e Norteamericana intégrase na modalidade do ´Maior Plus´ e adoita contar con aproximadamente 10 alumnos/as. Como tódalas materias do grao, ´Narrativa Breve´ impártese exclusivamente en inglés. Despois desta unidade didáctica, que se leva a cabo en catro semanas, corresponde a unidade didáctica O relato curto irlandés, dunha duración de tres semanas, e, finalmente, a derradeira unidade didáctica O relato curto norteamericano, dunha duración de cinco semanas. Na súa totalidade, a materia oferta un estudo comparativo da evolución da narrativa breve na literatura das Illas Británicas e na literatura norteamericana dende as súas primeiras manifestacións no folclore e a tradición oral nativa ata a súa consolidación nos séculos dezanove e vinte. Nesta materia estúdanse as características distintivas da narrativa breve (voz, estrutura narrativa, temas, etc.) e as súas relacións con cuestións de tradición, identidade, individualidade, ou nación. Preténdese facer unha revisión dos relatos curtos máis representativos da literatura británica e norteamericana, analizando tamén as súas repercusións noutras tradicións literarias. Dentro deste marco, a presente unidade didáctica pretende ofrecer unha introdución ao xénero e mais á narrativa breve de Inglaterra.
  • 2,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: Servizo de Publicacións e Inte
  • ISBN: 978-84-17595-65-4
  • EAN: 9788417595654
  • Año: 2020
  • Lugar de edición: ESPAÑA
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Nuestro sitio utiliza cookies.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.Información sobre la política de cookies.