PENAS ACCESORIAS PRIVATIVAS DE DEREITOS: A PROHIBICIÓN DE APROXIMACIÓN Á VÍTIMA.

PENAS ACCESORIAS PRIVATIVAS DE DEREITOS: A PROHIBICIÓN DE APROXIMACIÓN Á VÍTIMA.

978-84-17595-68-5 / 9788417595685
O vixente Código Penal español articula un sistema taxado de penas. Esta sistematización incardínase na Parte Xeral do Código. Con carácter xeral, as penas pódense clasificar de moitas formas, principalmente, en virtude da súa natureza, a súa duración e gravidade. Deste xeito, atendendo ao primeiro criterio, existe unha distinción básica entre penas principais e penas accesorias. Por outra banda, atendendo á duración, podemos falar de penas graves, menos graves e leves. Outra posible clasificación centra a súa atención na natureza dos dereitos dos que o suxeito condenado se ve privado. Así, distínguese, de xeito moi xenérico, penas privativas de liberdade e penas non privativas de liberdade (tamén coñecidas como penas privativas doutros dereitos). Afondando nestas penas privativas de dereitos, o artigo 48 do Código Penal acolle as tres modalidades da coñecida, con carácter xeral, como pena de afastamento: a prohibición de aproximación á vítima; a prohibición de residir e de acudir a determinados lugares e a prohibición de comunicación. Neste contexto, cómpre destacar o papel da prohibición con respecto á vítima e a outros familiares. A importancia práctica que ten a aplicación da prohibición e as súas implicacións para os suxeitos implicados xustifican a necesidade de prestar especial atención a dita medida. A súa inclusión dentro dos contidos da materia obrigatoria de Dereito Penal Parte Xeral -impartida en segundo curso de Grao en Dereito e de Grao en Criminoloxía- concorda co Plan de Estudos de ambas titulacións. Asemade, a súa importancia e relevancia resultan innegables, tendo en conta os pormenores e consecuencias derivadas da aplicación práctica de dita sanción.
  • 2,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: Servizo de Publicacións e Inte
  • ISBN: 978-84-17595-68-5
  • EAN: 9788417595685
  • Año: 2020
  • Lugar de edición: ESPAÑA
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Nuestro sitio utiliza cookies.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.Información sobre la política de cookies.