SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

SOS MONSTROS VERDADEIROS AMEAZAN O PLANETA

978-84-9995-338-0 / 9788499953380
SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai anos en Cataluña, Marie G. Rohde, correspóndese a unha obra divulgativa dirixida a un mundo lector a partir dos seis anos.

Na obra ponse de relevo os perigos actuais que ameazan a saúde do planeta Terra, presentados fisicamente a través duns personaxes, ilustrados de forma moi axeitada ao imaxinario infantil, con formas que visualizan claramente os diferentes efectos que están provocando no ambiente. Ao tempo, realiza un chamamento á denuncia e participación activa das nosas nenas e dos nosos nenos na loita ante as consecuencias que da actividade humana se está derivando, por exemplo, para o cambio climático acelerado nos últimos anos.

As características divulgativas achegadas contribúen a dotar ao mundo infantil dunha publicación que trata un tema de vital importancia para a nosa sociedade. O tema da contaminación e a proposta dun léxico específico en galego son dous elementos que valoramos de importancia relevante para o efecto que a obra persegue alcanzar, ao que contribúe o recoñecido oficio da profesora e tradutora Iria Taibo.

***



«Se uns poucos nenos e nenas podemos acaparar os titulares de todo o mundo só por faltar á escola, imaxinade o que poderiamos conseguir todos xuntos». Greta Thunberg

Hai monstros a roldar polo planeta: voan sobre a túa cabeza, viven nas profundidades do mar e mesmo se agochan nos sumidoiros. Provocan treboadas, secan ríos e lagos e escorrentan os animais.

O inmenso LIXOKONG, o desagradable NEBODÓN, o pegañento GRAXODONTE ou o invasivo URBANOSAURO farán que os monstros que hai debaixo da túa cama parezan simples peluches. E é que estes monstros existen de verdade!

Só heroes e heroínas coma ti poden derrotalos!

Faite activista e axúdanos a vencer estas malvadas criaturas!
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: GOBIERNO DE NAVARRA
  • ISBN: 978-84-9995-338-0
  • EAN: 9788499953380
  • Año: 2020
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 50
  • Encuadernación: Cartoné
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.