ESPAÑA UNIFORME
978-84-89896-88-8 / 9788489896888
Sinopsis de ESPAÑA UNIFORME:
Edicións Laiovento ofrece nesta ocasión ao público lector a versión galega, actualizada, do libro España uniforme de José Ignacio Lacasta-Zabalza, intelectual de estilo brillante, heterodoxo, lúcido e de personalidade coerente.
A partir dun rexistro correcto, non exento de fondo rigor académico e inserido, por veces, nun ambiente sarcástico, o autor amosa un discurso perfectamente argumentado, ben razoado e alleo ao discurso oficialista do sistema que concorda coa vocación de revolta contra a uniformidade española.
Unha uniformidade que, segundo o autor, non está exenta de perigo antidemocrático, contra a que fago miña unha aguda reflexión de Castelao A cegueira dos hespañoes é mal que non ten cura, porque é cegueira voluntaria. Cerran os ollos para non veren.
Cumprindo coa nosa obriga de estarmos informados do que está a acontecer no resto do Estado español, sentímonos moi honrados de compartir cos lectores e lectoras a obra dun intelectual de altura, como é o caso de José Ignacio Lacasta-Zabalza.
- Autor: LACASTA-ZABALZA, JOSÉ IGNACIO
- Editorial: EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- ISBN: 978-84-89896-88-8
- EAN: 9788489896888
- Año: 2021
- Colección: VARIAS
- Nº páginas: 302
- Traductor: QUEIXAS ZAS, MERCEDES
- Encuadernación: Rústica
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.