REPRESIÓN E DEPURACIÓN DO MAXISTERIO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

REPRESIÓN E DEPURACIÓN DO MAXISTERIO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

ANÁLISE TEÓRICA E ESTUDO POR PARTIDOS XUDICIAIS, CONCELLOS E PARROQUIAS (1936-19

978-84-124269-2-2 / 9788412426922
Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos.



A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo.



Os obxectivos deste traballo son:



• Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados



e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista.



• Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións



no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio.



• Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise



cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra.



• Descifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás



veces tenden a confundirse.



• Constatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi



pormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética.



• Elaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de



Pontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados.



• Recoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados,



etc.), e que roldan a trintena.



A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: “O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar”.
  • Envío en 3 días

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.