LUME NA PERIFERIA. PARA UNHA HISTORIA DO CINEMA EN LINGUA GALEGA
978-84-9151-766-5 / 9788491517665
Cumpridos xa máis de dez anos des que o crítico, programador e produtor Martin Pawley cuñou, en complicidade con Xurxo González, a etiqueta Novo Cinema Galego, parece chegado o momento de facer balance acerca do acontecido na nosa cinematografía ao longo desta última década. Neste sentido, o presente libro non pretende tanto historiar o cinema galego dos últimos anos como propor unha serie de reflexións de carácter poliédrico desenvolvidas por autores que combinan diversas disciplinas (nalgúns casos conflúen varias na mesma persoa), de maneira que poidan resultar complementarias ás xa existentes. Como resultado, o lector atoparase cunha rica malla de entrecruzamentos que mesmo rebordará a estrita denominación de Novo Cinema Galego tentando espallarse cara a outras propostas e prácticas. Asemade, a enorme mutación propiciada polos soportes e canles dixitais comportou felizmente a transformación das posibilidades de creación e difusión e mais a irrupción da ollada propia ou mellor dun heteroxéneo e rico conxunto de miradas, ben que en último termo vencelladas entre si por unha serie de trazos comúns. Unhas miradas que chegaron lonxe, que rebordaron de vez as fronteiras do noso país e que demostraron que si, que definitivamente prendeu o lume na periferia. Vaiamos, pois, cara a el.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.