MERCEDES TELLA COMAS (1868-1934)

MERCEDES TELLA COMAS (1868-1934)

MESTRA E DIRECTORA DA ESCOLA NORMAL DE MESTRAS DA CORUÑA

978-84-9995-386-1 / 9788499953861
Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres.

Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debían ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxía das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX.

***

[...] Mercedes Tella Comas, da que só se publicaran até o momento breves perfís biográficos elaborados con datos fragmentarios, é unha das afortunadas coruñesas que Ana Romero Masiá elixiu para lle dedicar todo o seu bo facer, toda a súa entrega e talento, coa finalidade de nos ofrecer esta máis que completa monografía. Tella saltou do século XIX ao XX, cunha bagaxe de coñecementos e experiencias pouco común nas mulleres do seu tempo, e atravesou tres décadas do XX para se converter, xunto con outras compañeiras de oficio, nunha das artífices das transformacións das Escolas Normais no primeiro terzo do século. Ao longo das páxinas deste sólido ensaio, a autora recupera a vida e obra dunha mestra —que non foi anónima porque en vida gozou de gran recoñecemento público— e faino de forma exhaustiva e documentada. Nada escapa á pescuda perseverante, á ollada atenta de Ana Romero, investigadora moi rigorosa, do que xa deu mostras na súa extensa bibliografía. Por cinxírmonos ás investigacións de xénero, aí están, por exemplo, os seus traballos sobre as cigarreiras coruñesas, as salgadeiras e conserveiras galegas, ou os dedicados á reconstrución biográfica de figuras senlleiras da nosa historia como María Barbeito: unha vida ao servizo da escola e dos escolares (2014), ou os que fixo en colaboración con Carlos Pereira sobre o asociacionismo feminino progresista da Coruña ou sobre Emilia Calé Torres.

Saudamos con ledicia a aparición deste libro, que, para alén de reconstruír a inspiradora vida de Mercedes Tella, contén un interesante aparato gráfico e uns valiosos anexos (discursos, conferencias, crónicas xornalísticas sobre diferentes intervencións) que permiten coñecermos ben o seu pensamento. Un excelente contributo para ir completando a historia das mulleres galegas, que aínda ten bastantes páxinas en branco [...].

(do Limiar, Aurora Marco)
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: GOBIERNO DE NAVARRA
  • ISBN: 978-84-9995-386-1
  • EAN: 9788499953861
  • Año: 2022
  • Colección: BAÍA ENSAIO
  • Nº páginas: 240
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor ROMERO MASIÁ, ANA

HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACH.
HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACH.
978-84-9995-430-1
FORMATO PAPEL
ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, XOSE, ROMERO MASIÁ, ANA
48,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
978-84-9995-388-5
FORMATO PAPEL
ANA ROMERO MASIÁ, XULIA SANTISO ROLÁN, ROMERO MASIÁ, ANA, SANTISO VARELA, XULIA
30,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
Portada No Disponible
CRÓNICA DOS INICIOS DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DA CORUÑA (1891-1904)
978-84-95773-28-9
FORMATO PAPEL
ROMERO MASIÁ, ANA, PEREIRA MARTÍNEZ, CARLOS, MOSQUERA SUEIRO, JESÚS, MENDEZ VÁZQUEZ, DANIEL
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
XEOGRAFÍA E HISTORIA 4º ESO LOMCE
XEOGRAFÍA E HISTORIA 4º ESO LOMCE
978-84-9995-199-7
FORMATO PAPEL
ROMERO MASIÁ, ANA, ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, XOSE
42,80 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección BAÍA ENSAIO

MULLERES ESPONTANEADAS
MULLERES ESPONTANEADAS
978-84-9995-384-7
FORMATO PAPEL
ARCAY BARRAL, ÁNGEL
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS
978-84-9995-388-5
FORMATO PAPEL
ANA ROMERO MASIÁ, XULIA SANTISO ROLÁN, ROMERO MASIÁ, ANA, SANTISO VARELA, XULIA
30,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR
TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR
978-84-9995-286-4
FORMATO PAPEL
DOMÍNGUEZ TOURIÑO, GUILLERMINA, ESTÉVEZ SALAZAR, FELICIA
13,25 €
Envío en 3 días
+ detalle
O FALAR DAS FADAS
O FALAR DAS FADAS
978-84-9995-209-3
FORMATO PAPEL
SÁNCHEZ REI, XOSE MANUEL
16,60 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.