Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos agora convertida en Audiencia Provincial pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como pasados xa case 20 anos do peche da Palloza seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras.
As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento que aínda manteñen de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios a maioría de Pardo Bazán que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se produciron no traballo desas mulleres co paso do tempo.
Esta publicación ten como sentimento de partida algo similar ao que debeu de atraer a Pardo Bazán cando elixiu a Fábrica de Tabacos e as súas operarias para escribir La Tribuna. Esa fermosa novela dálle voz a un colectivo de mulleres que, malia a época na que foron retratadas, xa se converteran en forza cívica que acabou por contribuír a darlle forma a idiosincrasia desta cidade. Ou aínda máis. Emilia Pardo Bazán detectou a fortaleza destas mulleres contribuíndo a poñelas no papel de protagonistas dos cambios sociais que daquela estaban a acontecer. En realidade, dona Emilia non fixo máis que actuar como testemuña (pioneira, perspicaz) dunha realidade que aínda non era recoñecida.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias, en base a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas). Si continúas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Puedes configurar o rechazar la utilización de cookies u obtener más información aquí
Más información sobre el uso de "cookies" y sus opciones de privacidad
Este sitio web utiliza cookies tanto propias como de terceros para recabar y tratar su información con las finalidades que se detallan a continuación en el panel de configuración.
A través del mismo, puede aceptar o rechazar de forma diferenciada el uso de cookies, que están clasificadas en función del servicio. En cada uno de ellos encontrará información adicional sobre sus cookies. Puede encontrar más información en la Política de cookies.
Estrictamente necesarias (técnicas):
Se usan para actividades que son estrictamente necesarias para gestionar o prestar el servicio que usted nos ha solicitado y, por tanto, no exigen su consentimiento.
Google Analytics
Google Analytics es una herramienta de analítica web de la empresa Google. Ofrece información agrupada del tráfico que llega a los sitios web según la audiencia, la adquisición, el comportamiento y las conversiones que se llevan a cabo en el sitio web. Es una herramienta utilizada en marketing digital.