NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS

NACIONALISMO, LIBERALISMO E OUTROS TEMAS

978-84-8487-594-9 / 9788484875949
Joan Fuster, considerado como o ensaísta catalán máis importante do século XX, é autor dunha ampla obra que constitúe unha das creacións intelectuais máis suxestivas non só da literatura catalá, senón do noso tempo. Ademais de ensaísta, foi historiador e un importante crítico literario, malia, como el afirmaba, non ser un especialista, e un excelente, suxestivo e provocador articulista. O núcleo central da súa obra sitúase na tradición do humanismo moral clásico, de maneira preferente dos moralistas franceses, de Montaigne á Ilustración, sen esquecermos nomes como Karl Marx, Antonio Gramsci, Eugeni d'Ors, Josep Pla...

Sarcástico, irónico, escéptico, pesimista, dono dun estilo propio que sempre intenta atrapar ao lector, a importancia da obra de Fuster, alén das súas dimensións e a súa importancia políticas, radica na súa modernidade, na ruptura co peso que a tradición –e os seus valores morais, mesmo en termos estéticos– continuaba na ter en xeral na cultura catalá, e na formulación dos problemas capitais da sociedade contemporánea. A súa obra, como afirma Gustau Muñoz, «é a semente dunha liberación que se quería completa: democracia radical, recoñecemento das nacións sen estado, dereitos individuais sen limitacións. Obra que continúa aínda a ser incómoda, talvez hoxe máis que nunca, porque pon sobre a mesa as contradicións da sociedade valenciana, da sociedade catalá, da sociedade española».

Con esta escolma de artigos e ensaios, Edicións Laiovento quere render homenaxe ao escritor valenciano ao se cumprir os cen anos do seu nacemento
  • 19,95 €
  • No disponible temporalmente
  • Autores: , ,
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-594-9
  • EAN: 9788484875949
  • Año: 2022
  • Colección: ENSAIO
  • Nº páginas: 244
  • Traductor: XESÚS GONZÁLEZ GÓMEZ; GONZÁLEZ GOMEZ, XESÚS
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.