O DEMO MERIDIANO

O DEMO MERIDIANO

LEMBRANZAS DUN TRANSGRESOR

978-84-9782-103-2 / 9788497821032
Este libro recolle as memorias de Igrexa de Xosé Chao Rego, unha das figuras máis brillantes do pensamento galego contemporáneo, o escritor e ensaísta que quizais máis páxinas teña publicado na nosa lingua. Un volume que completa o percorrido vital e biográfico iniciado no libro de Daniel López Muñoz ?Conversa con Xosé Chao Rego? (Xerais 2002). Nestas memorias, escritas nunha prosa coidada, fermosa e cativadora, o autor rememora dende a súa peripecia vital de neno vilego, os seus anos de formación e docencia no seminario, as súas estadías en Roma e Alemaña, ata o seu exercicio do ministerio de sarcedotal durante dezasete anos na ferrolá parroquia de Santa Mariña do Vilar.

As memorias fascinantes dun home libre e xusto ao que nada que humanice e libere lle resultou alleo e indiferente; as lembranzas dun transgresor que marcou a súa vida toda pola convicción profunda que ?fóra do mundo non hai salvación?.
  • 18,80 €
  • No disponible temporalmente

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.