A NACIÓN DOS MIL VIÑOS

A NACIÓN DOS MIL VIÑOS

978-84-8487-592-5 / 9788484875925
A “Nación dos mil viños” -A guía galega para adentrarse no mundo do viño- busca ser unha iniciación combinada á cultura do viño en xeral, á súa proba sensorial e o panorama concreto dos viños galegos.
Atoparás os elementos máis destacados que inflúen no seu resultado final e que integran o proceso de creación cada ano desde a viña á copa: os solos, o clima, as variedades de uva, a viticultura e a enoloxía. Tamén as chaves elementais para o seu goce e análise sensorial. E un repaso descritivo pola xeografía vitivinícola galega actual.
Estes contidos van acompañados de elementos históricos e culturais que contextualizan o significado e importancia do viño. Non podía faltar tampouco o protagonismo das persoas produtoras e as marcas comerciais que chegan a nós como resultado final do seu traballo.
  • Envío en 3 días

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.