EMOVERE

EMOVERE

978-84-125915-1-4 / 9788412591514
Unha amizade entrañable e a afección conxunta á poesía conciben e dan a luz ao primeiro fillo literario de dous autores noveles.
A singularidade da súa obra reside en que reflicte con harmonía dous sentires diferentes, en dous estilos diferentes e dúas linguas diferentes.
O título da mesma, EMOVERE, (raíz latina de "emoción"), representa o movemento. A intención destes dous poetas é esa: mover, remover, conmover aos lectores.
O intimismo abrolla con delicadeza nestes versos, no medio da aspereza e automatismo cotiáns. Faino en aspectos cruciais, entre outros: o amor e os seus antónimos; a estéril fuxida do silencio; a dor anímica e existencial; a procura do equilibrio e paz; a inocencia dos meniños e a devoción á natureza, fonte inesgotábel de enerxía e inspiración.
  • Envío en 3 días

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.