MURGUÍA, O PATRIARCA

MURGUÍA, O PATRIARCA

A BIOGRAFÍA INÉDITA DE 1953

978-84-18567-42-1 / 9788418567421
Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalía de Castro. Malia que non puido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía, a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolescencia.
As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no Limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados -con raíces no Positivismo científico- onde todo debía ser documentado.
A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: Alvarellos Editora
  • ISBN: 978-84-18567-42-1
  • EAN: 9788418567421
  • Año: 2023
  • Colección: COLECCIÓN RESCATE
  • Nº páginas: 552
  • Encuadernación: Cartoné
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.