FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)

FEIJÓO. BIOGRAFÍA DUN FARSANTE (NON AUTORIZADA)

978-84-8487-645-8 / 9788484876458
Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: “hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro”, segundo o Diccionario Xerais de sinónimos.
Feijoo manifestaba: ”No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia”. Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.
Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como “letal” a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque “garantiza la estabilidad”. Feijoo é un “marxista” (de Groucho Marx) convencido: “Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros”.
O libro pode ser útil para coñecer as “amizades perigosas” de Feijoo; que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.
Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-645-8
  • EAN: 9788484876458
  • Año: 2023
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 316
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.