A PARROQUIA DE ABANQUEIRO NOS SEUS LIBROS DE REXISTROS
978-84-128986-1-3 / 9788412898613
Sinopsis de A PARROQUIA DE ABANQUEIRO NOS SEUS LIBROS DE REXISTROS:
Este estudo analiza o comportamento e vida dos veciños de San Cristovo ó longo dos séculos que abranguen a Idade Moderna, aínda que, tamén veremos como o XIX será, nalgúns aspectos, continuación dos anteriores, e noutros, un punto á parte que abrirá novas frontes interpretativas.
O Antigo Réxime non se entende sen a Igrexa, xa que todo xira ó seu redor, sobre todo, no pechado mundo das parroquias rurais, por iso, unha parte importante do noso estudo vai dirixido ós curas que poboaron a nosa parroquia. Tamén nos atopamos con personalidades laicas que deixaron a súa pegada física en forma de fundacións, obxectos de devoción ós seus santos favoritos, como estandartes ou imaxes, ou a construción de capelas exteriores.
En fin, esta obra pretende ser o estudo do palpitar vivo dunha parroquia e as súas persoas, que chegaría ó século XIX camiñando con lentitude, pero sen pausa, máis que a exposición fría e monocorde dunhas cifras que enmascaran, en si, a mentalidade das persoas.
- Autor: SUÁREZ LIJÓ,JUAN NEPOMUCENO
- Editorial: TOXOSOUTOS EDITORIAL
- ISBN: 978-84-128986-1-3
- EAN: 9788412898613
- Año: 2024
- Colección: < Genérica >
- Nº páginas: 153
- Encuadernación: Bolsillo
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.