ANIMAIS (FORMATO GRANDE)
978-84-1343-316-5 / 9788413433165
Sinopsis de ANIMAIS (FORMATO GRANDE):
Os títulos máis coñecidos da colección 'Do berce á lúa' nun formato máis grande ideal para contar e compartir.
Combinando os recursos do cancioneiro tradicional infantil e recoñecibles imaxes sobre fondos claros, esta colección para cantar e contar é xa un referente da LIX para o tramo 0-3 anos e contribúe a iniciar o camiño da prelectura de moitos nenos e nenas. Cada título é un exercicio poético para «educar o ollo e adozar o oído», como explica o seu autor, e pese á súa aparente sinxeleza, tanto o seu deseño como o seu contido a partir de temas próximos aos intereses dos máis pequenos, son froito dun longo proceso de reflexión e creación.
Co obxectivo de facilitar o traballo de mediadores e mediadoras, Kalandraka retoma a publicación dos títulos máis exitosos da colección nun formato grande e ideal para compartir. Así, tras “Lúa” chega ás librarías “Animais” no que criaturas grandes e pequenas nos convidan a gozar do xogo, do ritmo, da rima e da amizade.
- Autor: RUBIO, ANTONIO
- Editorial: KALANDRAKA EDITORA
- ISBN: 978-84-1343-316-5
- EAN: 9788413433165
- Año: 2024
- Colección: DO BERCE Á LÚA
- Nº páginas: 18
- Traductor: RODRÍGUEZ, MANUELA
- Encuadernación: Otros
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.