CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012)

CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012)

DÍAZ, XABIER

978-84-09-69084-8 / 9788409690848

Sinopsis de CANCIONEIRO GALEGO SERODIO (1989-2012):

Cancioneiro galego serodio (1989 – 2012)
Unha viaxe polo país das mil muiñeiras


Despois de catro décadas de ollada e atención ás músicas e líricas dun pobo, este cancioneiro é una pequena pinga no tempo, sen lugar a dúbida. Chamámoslle “serodio” xa que o seu ámbito temporal pon o foco no último cuarto do pasado século e apenas as primeiras décadas deste que nos toca transitar, mais non por iso ten menos interese ou valor e mesmo trae descubertas e apuntes aos que non se lles tiña prestado atención, por difícil que poida parecer. Como ben sabemos, o corpus do cancioneiro dun país cantor e lírico por excelencia coma o noso, viaxou na memoria de miles de mulleres, xeración tras xeración ao longo do tempo, sen que poidamos atrevernos a datar o momento iniciático de tan fabulosa viaxe.

Este é un traballo que abrangue o total do territorio galego, as catro provincias, e mesmo os territorios arraianos. Xorde, por unha parte, da viaxe dun mozo de vinte anos que comenza a facer traballos de campo como ese amador, folclorista, curioso e afeccionado polo noso folclore que aínda segue a ser. Ademais, tamén contribúe a revalorizar a música e baile que dura ata os nosos días.

A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foron realizadas ao longo de trinta anos de camiño, vén adornada de anécdotas, sorpresas, e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro, dándolle una dimensión próxima á experiencia que vivín en primeira persoa.

Estou feliz de poder compartir con vós esta viaxe pola terra as mil muiñeiras,

Xabier
  • Envío en 3 días
  • Autor: DÍAZ, XABIER
  • Editorial: ISBN GENERIC
  • ISBN: 978-84-09-69084-8
  • EAN: 9788409690848
  • Año: 2025
  • Lugar de edición: GRÁFICAS URANIA, S.A.
  • Colección: SIN COLECCION
  • Nº páginas: 140
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.