UN MONTE TODOS OS MONTES
PUBLICA-ACCIÓN
978-84-09-83188-3 / 9788409831883
Sinopsis de UN MONTE TODOS OS MONTES:
Un monte todos os montes concíbese como unha publica-acción para o pensamento e a acción compartidos. Impulsada pola cooperativa cultural Azul mais Verde co apoio e o financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso, reúne voces, prácticas e saberes situados que dialogan arredor do monte como espazo cultural, político e comunitario.
A través dunha escrita plural que incorpora diferentes formas da lingua galega en diálogo co portugués e dun ensaio visual, o libro articula un dispositivo colectivo que pon en relación experiencias, memorias e metodoloxías vinculadas ao territorio.
Constrúese desde o encontro entre investigación e prácticas situadas -entre a investigación-acción, a creación artística, a mediación cultural e o traballo comunitario- en relación co territorio e en diálogo con experiencias de gobernanza do monte, coas contribucións de Adriele Andrade Précoma, Natalia Balseiro, Lara Barros Alfaro, María Bella, Martiño Cabana Otero, Joám Evans Pim, Antonio Nodar, Susana González, Óscar Rivas López, Fran Rodríguez Casal e Outonía S. Coop. Galega.
Máis alá da reflexión, esta publicación busca dispoñer para o facer: activar imaxinarios, abrir procesos e contribuír á construción de futuros sostibles para o monte desde a cultura, as comunidades e a ecoloxía.
- Autor:
- Editorial: EDICIÓN ESTÁNDAR
- ISBN: 978-84-09-83188-3
- EAN: 9788409831883
- Año: 2026
- Colección: < Genérica >
- Nº páginas: 264
- Encuadernación: Rústica
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.