A LIMIA BAIXA
ONDE O MUNDO SE CHAMA EN GALEGO
978-84-1188-025-1 / 9788411880251
Sinopsis de A LIMIA BAIXA:
Nesta monografía de natureza sociolingüística tracéxase, a través da mocidade da Limia Baixa, a situación actual da súa lingua mais as actitudes e prexuízos que afloran nesta comunidade.
A Limia Baixa é unha área situada ao suroeste da provincia de Ourense que linda con Portugal polo sur e polo oeste. O seu galego presenta unha situación particular, xa que existe un panorama lingüístico dominado polo monolingüismo na súa variedade dialectal baixolimega en todos os ámbitos e niveis da vida. O contacto co galego estándar, co español e co portugués inflúe na existencia, mantemento ou retroceso dos seus trazos dialectais e, por suposto, nas actitudes que os falantes teñen debido a esta situación.
A través dos mozos e mozas baixolimegas investígase a posición do galego, o compromiso coa súa lingua no presente e no futuro e tamén a presenza e defensa da súa variedade dialectal. Amais, afóndase nas actitudes cara á súa propia variedade dialectal a través dos dous fenómenos máis representativos do seu galego: a gheada mais o mantemento de sibilantes sonoras.
Manexar datos moi actuais e de períodos diferentes permite avaliar tanto os comportamentos lingüísticos antes, durante e despois da pandemia de Covid 19, coma as repercusións que esta tivo en relación á lingua galega entre a propia mocidade baixolimega no eido das TIC: as redes sociais, as videoconferencias e a mensaxería instantánea como o WhatsApp.
Deste xeito, obtense unha radiografía actual da realidade sociolingüística dos/as limiaos/ás mozos/as, que permite enxergar o futuro do galego nesta área con optimismo.
- Autor: RODRÍGUEZ RODRÍG
- Editorial: SERVIZO DE PUBLICACIÓNS DA UNIVERSIDADE
- ISBN: 978-84-1188-025-1
- EAN: 9788411880251
- Año: 2026
- Colección: < Genérica >
- Nº páginas: 135
- Encuadernación: Rústica
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.