Portada No Disponible

A MAN ESQUERDA

978-84-8487-067-8 / 9788484870678
¿Cara a onde vai a economía mundial? ¿Por que os Estados Unidos se teñen embarcado en novas formas de imperialismo no Oriente Medio? ¿Que estratexias debería adoptar a esquerda ante a contrarrevolución neoliberal? ¿Cales son as novas formas de dominación que están a sufrir os países do Sul global? Neste libro abordamos estas cuestións a través de oito entrevistas con algúns dos pensadores de esquerda máis importantes do panorama internacional: Giovanni Arrighi, Noam Chomsky, Robert Brenner, Eduardo Galeano, Jean Ziegler, David Harvey, Peter Gowan e Alex Callinicos, autores todos eles de obras cruciais para interpretar o mundo contemporáneo desde unha perspectiva emancipadora. Fálannos aquí da súa traxectoria intelectual e das súas contribucións teóricas, e analizan polo miúdo a cambiante realidade política dos últimos anos. Fronte ao cinismo e a rendición que imperan nos medios de comunicación, velaquí oito voces que mostran a vitalidade sen concesións do pensamento crítico
  • Envío en 3 días

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.