DESEÑO EN FORMACIÓN OCUPACIONAL E INSERCIÓN LABORAL

DESEÑO EN FORMACIÓN OCUPACIONAL E INSERCIÓN LABORAL

978-84-8158-383-0 / 9788481583830
Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral é un libro que ofrece unha base teórica e conceptual sobre algúns dos conceptos máis relevantes dentro do que sería a formación profesional, tentando converterse nun referente para as persoas que, no seu ámbito laboral, teñan relación co deseño da formación para o traballo e coa inserción no mundo laboral. A súa organización concrétase en cinco capítulos. O primeiro aborda a formación para o traballo no contexto europeo a través dun percorrido polas organizacións que desenvolven a súa tarefa na formación profesional, así como nos programas de formación que, dende a Comunidade Europea, se levaron a cabo coa intención de desenvolver competencias profesionais. Dende as primeiras iniciativas ata as perspectivas para o ano 2013, faise unha análise detallada daquelas, facendo fincapé nos seus obxectivos e finalidades, así como nos recursos previstos para o seu desenvolvemento.



No segundo capítulo a atención céntrase na formación profesional inicial con referencia aos niveis de cualificación, aos antecedentes e á situación actual. Dende unha concepción do sistema de formación profesional como un conxunto integrado por diferentes subsistemas interrelacionados e interdependentes que teñen como obxectivo a cualificación profesional, vólvese a vista atrás e faise un percorrido sobre como foi evolucionando o sistema educativo con relación ás ensinanzas profesionais dende a Lei xeral de educación do ano 1970 ata a situación máis actual derivada da Lei de educación do pasado ano 2006. Coa reforma destas ensinanzas, a formación para o traballo vai tomando un forte pulo e van organizándose distintos niveis acordes cos niveis de cualificación contemplados a nivel europeo.



Os subsistemas de formación ocupacional e continua son obxecto do terceiro capítulo. Partindo da situación actual considerada no Acordo Profesional para o Emprego que marca como obxectivo a confluencia dos subsistemas de formación ocupacional e continua, faise unha análise das primeiras tentativas de integración da formación para o traballo. Xunto a isto, préstase especial atención ás iniciativas e aos programas actuais de formación e emprego e que se dirixen cara a un dobre obxectivo: mellorar as competencias profesionais e favorecer a inserción laboral. O cuarto capítulo aborda especificamente o deseño en formación ocupacional. Partindo da relación entre formación e emprego e na esixencia realizada dende a planificación de programas de formación da obriga de tomar as necesidades como punto de arranque de calquera proposta de deseño en formación, o eixe sobre o que se asenta este capítulo sitúase na análise de necesidades, adquirindo especial relevancia a conceptualización, tipos, modelos de avaliación e metodoloxía para a detección de necesidades. O quinto capítulo aborda un tema tan complexo como o da inserción laboral. Nel faise referencia a programas destinados a incrementar o autoemprego nunha dobre dimensión: económica e a nivel de xestión. Tamén se fai unha análise do Servizo Galego de Colocación, e da iniciativa Europass.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: TROTAMUNDOS
  • ISBN: 978-84-8158-383-0
  • EAN: 9788481583830
  • Año: 2010
  • Colección: MANUAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
  • Nº páginas: 260
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor SARCEDA GORGOSO, Mª CARMEN

DESAFÍOS PARA LA FORMACIÓN INICIAL DEL PROFESORADO TÉCNICO DE FORMACIÓN PROFESIO
DESAFÍOS PARA LA FORMACIÓN INICIAL DEL PROFESORADO TÉCNICO DE FORMACIÓN PROFESIO
978-84-1122-409-3
FORMATO PAPEL
SARCEDA GORGOSO, Mª CARMEN, BARREIRA CERQUEIRAS, EVA M.
20,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección MANUAIS DA UNIVERSIDADE DE VIGO

DESIGN THINKING. GUÍA DE INICIACIÓN.
DESIGN THINKING. GUÍA DE INICIACIÓN.
978-84-8158-846-0
FORMATO PAPEL
DÍAZ OTERO, FRANCISCO JAVIER, FERNÁNDEZ IGLESIAS, MANUEL JOS, CAEIRO RODRÍGUEZ, MANUEL, COSTA MONTENEGRO, ENRIQUE, CUIÑAS GÓMEZ, ÍÑIGO, MARIÑO ESPIÑEIRA,, MARIÑO
10,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
IMPLEMENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE AULAS DE XEOMETRÍA EUCLÍDEA E DIFERENCIAL EN
IMPLEMENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE AULAS DE XEOMETRÍA EUCLÍDEA E DIFERENCIAL EN
978-84-8158-845-3
FORMATO PAPEL
DE ARRIBA PEREZ, FRANCISCO, CORBACHO ROSAS, EUSEBIO, SOMOZA LÓPEZ, Mª. CARMEN, VIDAL VÁZQUEZ, RICARDO, CASTEJÓN LAFUENTE, ALBERTO
10,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
IMPLEMENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE AULAS DE MATEMÁTICAS AVANZADAS EN SAGE
IMPLEMENTACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE AULAS DE MATEMÁTICAS AVANZADAS EN SAGE
978-84-8158-796-8
FORMATO PAPEL
DE ARRIBA PEREZ, FRANCISCO, CORBACHO ROSAS, EUSEBIO, SOMOZA LÓPEZ, Mª. CARMEN, VIDAL VÁZQUEZ, RICARDO
12,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
PRÁCTICAS DE LABORATORIO DE MECÁNICA DE FLUÍDOS
PRÁCTICAS DE LABORATORIO DE MECÁNICA DE FLUÍDOS
978-84-8158-795-1
FORMATO PAPEL
PAZ PENÍN, CONCEPCIÓN, SUÁREZ PORTO, EDUARDO, CONCHEIRO CASTIÑEIRA, MIGUEL, CONDE FONTENLA, MARCOS
10,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.