FLOR DE VENTO

FLOR DE VENTO

978-84-7680-599-2 / 9788476805992
Xiana era unha fermosísima e moi nova flor dun xardín: unha margarida de pétalos azuis salferidos de pequenas pencas de cor laranxa como un capricho da natureza. As outras margaridas tíñanlle envexa. Estaba intrigada polo "globo que dá luz" e polo que podería haber máis alá do muro. Preguntoulle a unha bolboreta, mais ela estaba contenta entre tantas flores e nunca quixera saír do xardín. A andoriña Trilos contoulle que máis alá o mundo era moi grande, con moitas flores, ríos, montañas e o mar inmenso. E explicoulle que morrer é como o aire que leva dentro o globo dun rapaz: cando estoura segue existindo mais non se ve. Co inverno, Trilos marchou e moitas plantas murcharon coa xeada. Ela sobreviviu. Trasladárona para un balcón e un maceteiro, agochada do vento e da choiva. Alí, un vello xeranio explicoulle que non debe ter medo da abella, pois só busca o seu néctar e pole para fabricar o mel, mais si do escaravello, do que os libra a choiva artificial que a dona da casa lles botou por enriba. E comprendeu que a vida é unha morea de sucesos encadeados. Soubo logo que o manto branco de neve se vén no inverno non é malo, pero na primavera mata as flores, segundo lle explicou o xeranio. Na primavera chegaron novas flores e a andoriña Trilos, que lle explicou o nacemento da vida cando outra construía un niño no tellado para futuras crías. Viu logo viu ao pimpín facer o seu variado niño, do que o cuco se aproveitou metendo nel a súa cría... E un día que lle ían cambiar a terra do testo, aproveitou para pedirlle á andoriña que a levase con ela. Levouna voando moi alto, até as nubes. Sentiuse unha flor do vento. Pousouna logo nun val, nun oco, e co peteiro encheu as súas raiceiras de terra. A andoriña marchou de novo para África, mais cando volveu, atopou outra margarida igual á súa amiga: ela deixara no xardín o seu proxecto dunha nova flor.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: IR INDO EDICIONS, S.A.
  • ISBN: 978-84-7680-599-2
  • EAN: 9788476805992
  • Año: 2011
  • Colección: CONTACONTOS
  • Nº páginas: 92
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.