OS POETAS GALEGOS E FRANCO
978-84-460-0839-2 / 9788446008392
Sinopsis de OS POETAS GALEGOS E FRANCO:
O presente volume, Os poetas galegos e Franco (Estudio e antoloxía), e único no xénero. Niguén recolleu nunha obra tantos poemas Francófilos e tantos Francófobos, e ninguén fixo un estudio político-literario dun corpus poético referido a Franco. Entre os apoloxistas de Franco hai poetas sinceros (algúns non desdeñables), poetas retóricos e algún forzado a cantar desde as musas do medo. Entre os Francófobos (rexoubeiros ou execrdores) figuran algunhas das mellores musas satíricas de Galicia: as mellores linguas viperinas de maldicir. Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), na actualidade catedrático de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro numerario da Real Academia Galega, dirixiu, na nosa editorial, entre 1973 e 1980m dñuyas coleccións sobre temas e problemas galegos: Arealonga e Arealonguiña. Estudioso, desde jai décadas, do feito lingüístico e literario galego, aborda esta problemática desde os presupostos do marxismo. Aí están, entre outros libros, La Palabra en la realidad (1963), Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968), O que cómpre saber da lingua galega (1969), Rosalía de Castro (1972), Imforme dramático- sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio: biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Ensayos breves de literatura e política (1997) ...
- Autor: ALONSO, XESÚS
- Editorial: AKAL, EDICIONES
- ISBN: 978-84-460-0839-2
- EAN: 9788446008392
- Año: 2011
- Colección: ESPAÑA SIN ESPEJO
- Nº páginas: 224
- Encuadernación: Otros
- No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.