DETER O DÍA CUNHA FLOR

DETER O DÍA CUNHA FLOR

978-84-96893-79-5 / 9788496893795
Non existe a arte, só os artistas. Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poesía, que volvemos atopar nesta obra, síntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico. Deter o día cunha flor, este é o título, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valentín; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valentín, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.



Texto de Ánxeles Penas na presentación do libro na Coruña.



Galería de imaxes: Deter o día cunha flor.
  • Envío en 3 días
  • Autores: ,
  • Editorial: BAÍA EDICIÓNS
  • ISBN: 978-84-96893-79-5
  • EAN: 9788496893795
  • Año: 2011
  • Colección: BAIA BRANCA(POESIA)
  • Nº páginas: 104
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.