SÍGUEME! (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO)

SÍGUEME! (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO)

978-84-9871-495-1 / 9788498714951
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namora dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorreren. A formiga convida o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese ata o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga.?Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados que non ten nada de raro!.
José Campanari, despois de máis de vinte anos de traxectoria no mundo das artes escénicas e da narración oral preséntanos, no que foi o seu primeiro álbum ilustrado, unha historia divertida, delirante e surrealista. Con gran sentido do humor, Campanari crea un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, na procura do amor verdadeiro.
Unha lectura máis profunda de Sígueme tamén nos permite enxergar unha historia de amor sen prexuízos e cuns protagonistas dispostos a superaren calquera tipo de diferenza ou barreira (tamaños, cores, culturas, hábitats).
Roger Olmos aproveita o ton surrealista da historia para idear espazos imposibles, cheos de humor e tenrura, pero que o ilustrador converte en verosímiles. Alén diso, enriquece con todo luxo de detalles e trazo destro, os distintos escenarios. Porén, a empatía do lector non se logra só a través das imaxes, senón que este, en cada nova lectura, será sorprendido con notas de humor que estimularán a súa curiosidade e imaxinación.
  • 14,90 €
  • No disponible temporalmente
  • Autores: ,
  • Editorial: EDITORA OQO
  • ISBN: 978-84-9871-495-1
  • EAN: 9788498714951
  • Año: 2014
  • Colección: O
  • Nº páginas: 48
  • Traductor: NÚÑEZ ÁLVAREZ, MARÍA LUISA
  • Ilustrador: OLMOS, ROGER
  • Encuadernación: Cartoné
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor CAMPANARI, JOSÉ

SIGUEME! (UNA HISTORIA DE AMOR QUE NO TIENE NADA DE RARO)
SIGUEME! (UNA HISTORIA DE AMOR QUE NO TIENE NADA DE RARO)
978-84-9871-675-7
FORMATO PAPEL
CAMPANARI, JOSÉ, OLMOS, ROGER, CAMPANARI, JOSE LUIS
14,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
SÍGUEME! (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO)
SÍGUEME! (UNHA HISTORIA DE AMOR QUE NON TEN NADA DE RARO)
978-84-9871-676-4
FORMATO PAPEL
CAMPANARI, JOSÉ, OLMOS, ROGER, CAMPANARI, JOSE LUIS
14,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
EL PODADOR DE BONSÁIS
EL PODADOR DE BONSÁIS
978-84-121126-2-7
FORMATO PAPEL
CAMPANARI, JOSÉ
15,50 €
Envío en 3 días
+ detalle
TRENFUGIATI
TRENFUGIATI
978-84-16566-39-6
FORMATO PAPEL
CAMPANARI, JOSÉ, DAVIDDI, EVELYN
16,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección O

QUÉ ROUBO MÁIS BOUBO!
QUÉ ROUBO MÁIS BOUBO!
978-84-9871-725-9
FORMATO PAPEL
VARELA, EMMA, TRONCATTI, GRAZIELLA
14,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
VERLIOKA
VERLIOKA
978-84-9871-729-7
FORMATO PAPEL
PATACRÚA, MAGICOMORA
14,90 €
Envío en 3 días
+ detalle
¡QUÉ ROBO MÁS BOBO!
¡QUÉ ROBO MÁS BOBO!
978-84-9871-724-2
FORMATO PAPEL
VARELA, EMMA, TRONCATTI, GRAZIELLA
14,90 €
Envío en 2 días
+ detalle
VERLIOKA
VERLIOKA
978-84-9871-728-0
FORMATO PAPEL
PATACRÚA, MAGICOMORA
14,90 €
Envío en 2 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.