ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE... CHEGADAS?

ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE... CHEGADAS?

978-84-9914-683-6 / 9788499146836
«Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. O piso do Trastévere. O Gran Canal de Venecia. O incendio da Alhambra nos ollos. O cheiro das xardas asadas de Eminonu. A mirada triste de Zerdali na Capadocia. As cobras da praza Djema-El-Fna. E, inseparable a todas as lembranzas, esa misteriosa mensaxe que aparece nos recantos máis insospeitados dos lugares que visita: Ámote Leo A. Pero esta madrugada do 11 de maio a Leo tanto lle teñen as pintadas, a morriña do vivido ou os soños aínda por cumprir. Só devece por regresar á casa. En cambio, unha sucesión de acontecementos inesperados fará que a súa vontade dea varias voltas sobre si mesma ata deixala ao bordo do precipicio. Deberá decidir entón se se atreve a dar o gran salto cara ao descoñecido. Claro que isto poñería a súa viaxe patas arriba e podería conducila ao máis alto dos seus desexos ou ao máis escuro dos abismos...
Que fará Leo nesta encrucillada? Cumprirá o seu propósito de chegar á casa o 8 de xullo, tal e como prometera? Recuará sobre os seus pasos, ou asomarase ao precipicio dun novo e inesperado destino?
Terminal de... chegadas é a terceira e última entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo de Destino xalundes e Estación de tránsito, a moza solta os derradeiros lastres que lle quedaban e camiña sen cargas por un mundo no que se borraron todas as fronteiras. Seis meses, seis mil euros, e nada parece ter agora importancia. Tan só resta por saber unha cousa: regresará Leo algún día?
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-683-6
  • EAN: 9788499146836
  • Año: 2014
  • Colección: EDICIÓNS INFANTÍS-XUVENÍS SINGULARES
  • Nº páginas: 336
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

Otros libros del autor ANEIROS, ROSA

A NOITE DAS CEBOLAS
A NOITE DAS CEBOLAS
978-84-1110-498-2
FORMATO PAPEL
ANEIROS, ROSA
17,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
978-84-1110-075-5
FORMATO PAPEL
ANEIROS, ROSA
12,50 €
Envío en 3 días
+ detalle
SIBILA
SIBILA
978-84-9121-891-3
FORMATO PAPEL
ANEIROS, ROSA
17,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR.
XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR.
978-84-9121-589-9
FORMATO PAPEL
ANEIROS, ROSA
12,95 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección EDICIÓNS INFANTÍS-XUVENÍS SINGULARES

DARÍO A DIARIO
DARÍO A DIARIO
978-84-9121-862-3
FORMATO PAPEL
ARIAS, XELA
16,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
CONTOS DE OBXECTOS
CONTOS DE OBXECTOS
978-84-9121-804-3
FORMATO PAPEL
P. DOCAMPO, XABIER
12,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
A TROPA CONTRA O VIRUS
A TROPA CONTRA O VIRUS
978-84-9121-744-2
FORMATO PAPEL
AVENDAÑO, ALBERTO
12,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
A FURGONETA BRANCA
A FURGONETA BRANCA
978-84-9121-465-6
FORMATO PAPEL
CASALDERREY, FINA
15,95 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.