FLOREANO

FLOREANO

978-84-9121-217-1 / 9788491212171
Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en "Faro de Vigo" na súa sección "Floreano" organizadas en tres apartados: "De mulleres, chiñas, rubias e varios", "De curas, monseñores e eminensias" e "De tasas, viños e loureiros". Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, "Floreano, My Way", limiar de Alberto Avendaño, director de "Tiempo Latino".

"Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do "Faro de Vigo" e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)
Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!
Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano."
Do limiar de Alberto Avendaño
  • 20,95 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA, S.
  • ISBN: 978-84-9121-217-1
  • EAN: 9788491212171
  • Año: 2017
  • Colección: EDICIÓNS SINGULARES GRANDES OBRAS
  • Nº páginas: 216
  • Encuadernación: Cartoné
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.