FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

FONÉTICA E FONOLOXÍA HISTÓRICAS DA LINGUA GALEGA

978-84-9121-187-7 / 9788491211877
O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.
Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas.
  • Envío en 3 días

Otros libros del autor MARIÑO PAZ, RAMÓN

PAPÉS D'EMPRENTA CONDENADA
PAPÉS D'EMPRENTA CONDENADA
978-84-17802-61-5
FORMATO PAPEL
MARIÑO PAZ, RAMÓN, SUÁREZ VÁZQUEZ, DAMIÁN
18,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
ASSÍ COMO ES DE SUSO DICHO
ASSÍ COMO ES DE SUSO DICHO
978-84-939292-7-5
FORMATO PAPEL
MARIÑO PAZ, RAMÓN
21,00 €
Envío en 3 días
+ detalle
O IDIOMA GALEGO NO LIMIAR DA SÚA RENACENZA
O IDIOMA GALEGO NO LIMIAR DA SÚA RENACENZA
978-84-9749-098-6
FORMATO PAPEL
MARIÑO PAZ, RAMÓN
18,00 €
Envío en 3 días
+ detalle

Otros libros de la colección DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS

ABAU 2018. LINGUA E LITERATURA. AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVER
ABAU 2018. LINGUA E LITERATURA. AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVER
978-84-9121-373-4
FORMATO PAPEL
MOSTEIRO GARCÍA, MANUEL ANTÓN
13,15 €
Envío en 3 días
+ detalle
ESCRITA DOADA
ESCRITA DOADA
978-84-9914-826-7
FORMATO PAPEL
DOSIL LÓPEZ, BENXAMÍN, DOSIL, BENXAMIN
20,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN NA LIX
INMIGRACIÓN/EMIGRACIÓN NA LIX
978-84-9914-723-9
FORMATO PAPEL
RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN , RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN "LIJMI"
23,95 €
Envío en 3 días
+ detalle
ESTILÍSTICA DA LINGUA GALEGA
ESTILÍSTICA DA LINGUA GALEGA
978-84-9914-498-6
FORMATO PAPEL
FREIXEIRO MATO, XOSE RAMÓN
29,50 €
Envío en 3 días
+ detalle

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.