CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL

CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL

AS ALTERNATIVAS SILENCIADAS

978-84-8487-333-4 / 9788484873334
Este libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixes até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno Central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual.

Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervención no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade. De aí ese estilo directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están destrás dos argumentos expostos.
Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases para o progreso social e a preservación da diversidade.
  • 18,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autores: ,
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-333-4
  • EAN: 9788484873334
  • Año: 2017
  • Colección: ENSAIO
  • Nº páginas: 248
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.