E

E

978-84-8288-808-8 / 9788482888088
Coa publicación deste poemario de Outeiriño, Galaxia continúa a súa liña editorial de poñer no mercado, ao carón de novas edicións de títulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a súa obra durante os anos oitenta e noventa. Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeirño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emoción do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado. Segundo Manuel Outeiriño, en É búscase certa dición entremedias Ungarettie os irmáns Tonetti. Pola súa banda, a poeta María do Cebreiro Rábade Villar afirma que "Manuel Outeiriño é un poeta músico porqué como nunha emulatio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agónico), é consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son".
  • 15,90 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: GALAXIA
  • ISBN: 978-84-8288-808-8
  • EAN: 9788482888088
  • Año: 2018
  • Colección: < Genérica >
  • Nº páginas: 128
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.