Portada No Disponible

LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS

978-84-8487-373-0 / 9788484873730
Malia pertenceren os escritores aquí considerados a xeracións
literarias diferentes, cómpre sinalarmos que non faltaron
as relacións entre varios deles. Eduardo Blanco-Amor
sempre consideraría o director literario de Nós como un dos
seus mestres gratuítos no Ourense da súa formación intelectual.
Pola súa parte, con motivo do pasamento de Risco,
Celso Emilio dedicaríalle na revista Destino (11-V-1963)
o poema “A herdanza”, que logo recompilaría en Viaxe ao
País dos Ananos, xa sen dedicatoria.
Son ben coñecidas as relacións polémicas entre Celso
Emilio Ferreiro e Luís Seoane na posguerra, orixinadas pola
imaxe que dá da emigración o celenovés nese volume de
1968, pero non se ha de desatender nese enfrontamento tanto
a traxectoria política do poeta de Celanova durante a Guerra
Civil como a súa ascendencia estética sobre os membros
das novas xeracións a partir dos anos sesenta.
As cartas que Luís Seoane dirixe a Blanco-Amor testemuñan
cumpridamente a súa admiración polo novelista ourensán,
a quen lle edita A esmorga, mais non debemos ocultar
as escasas relacións habidas entre eles en Bos Aires, a pesar
de participaren os dous nas actividades culturais do Centro
Galego e de sucedérense na dirección da revista Galicia. Do
que non hai dúbida é da grande admiración que sentía Blanco-
Amor polo artista coruñés, como proban os diferentes
artigos que sobre el publicou desde a década dos cincuenta.
  • 10,74 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-373-0
  • EAN: 9788484873730
  • Año: 2018
  • Colección: < Genérica >
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.