A PANTASMA DE CANTERVILLE E OUTROS CONTOS

A PANTASMA DE CANTERVILLE E OUTROS CONTOS

978-84-9914-768-0 / 9788499147680
Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometía un grande erro porque a casa estaba enmeigada. O propio Lord Canterville sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma lles aparecera aos seus familiares, que pasaban noites enteiras sen durmir por mor dos ruídos que se sentían no corredor da biblioteca. Isto non amedrentou ao embaixador, que consideraba que a pantasma e os mobles non eran máis ca unha parte do lote que quería mercar.

«A pantasma de Canterville», conto que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, é, ademais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de carácter dos membros dunha familia norteamericana e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. Os outros contos, «O rei novo», «O xigante egoísta», «O rousinol e a rosa», «O Príncipe Feliz» e «O crime de Lord Arthur Saville», están tinguidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os seres humanos.
  • 6,99 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: XERAIS
  • ISBN: 978-84-9914-768-0
  • EAN: 9788499147680
  • Año: 2018
  • Colección: INFANTIL E XUVENIL - XABARÍN E-BOOK
  • Nº páginas: 184
  • Traductor: LUCA DE TENA, GUSTAVO
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.