Portada No Disponible

O OLLAR CLARIVIDENTE DE ISAAC DÍAZ PARDO

COLABORACIÓNS XORNALÍSTICAS

978-84-949590-1-1 / 9788494959011
Co título de O ollar clarividente de Isaac, ofrecemos unha recompilación dos seus
artigos xornalísticos, dos que temos rexistrados 514, desde o ano 1963 ata o
2009, nos xornais A Nosa Terra de Bos Aires, Faro de Vigo, La Región, El Progreso,
El Correo Gallego e, fundamentalmente, La Voz de Galicia. Os do Faro de Vigo e
El Progreso levaban todos o título xenérico de “Olladas dende o Atallo ao Camiño
dos Mortos”. Nos de La Voz de Galicia o título da sección comezou sendo “Bloc
de Notas”, pasou a ser “ De sol a Sol”, desde 1993 “Crónicas Inconformistas de
Fin de Século” e, co cambio da centuria, desde 2001, “Crónicas Inconformistas”.
Deses 514 artigos tan só 12 foron escritos en castelán. Os demais todos en
galego, un galego bastante ortodoxo, cun moderado arrecendo diferencialista e
aberto aos empréstitos do portugués, pois unha tese defendida en moitas destas
súas crónicas é que a lingua galega nos chegou por tradición oral e se converteu
nunha lingua deturpada e perseguida polo castelán, que nos deixou “este castrapo
no que escribo”.
O título desta colección de artigos, O ollar clarividente de Isaac, está inspirado
na ilustración da tapa do libro: eses ollos grandes, decote presentes nos cadros e
deseños de Isaac, que nos miran interrogantes na procura dunha explicación que
nós non temos. Son eses ollos de Isaac que o ven todo e que non deixaron nunca
de escrutar a cara oculta das aparencias que nos rodean. Eses ollos que non son
ollos porque os vexamos, senón que son ollos porque nos ven.
A maioría dos artigos tratan de asuntos da historia de Galicia e da súa lingua
como factor identitario da nosa tradición. Como adiantado que foi da visión
ecolóxica son reiterativos os seus artigos sobre os incendios forestais, os recursos
minerais, a plantación de eucaliptais, a arquitectura rural e a súa profunda e constante
preocupación polo espolio que dos nosos recursos naturais e culturais se
levou a cabo con Galiza a través de séculos…
En denitiva, o fío condutor nos traballos xornalísticos de Díaz Pardo xiran
sempre sobre temas de xustiza social, da memoria da República, do Seminario de
Estudos Galegos e da restauración da dignidade dos vencido na Guerra Civil.
En opinión dos editores deste compendio, os artigos xornalísticos de Isaac
Díaz Pardo teñen un valor perenne, que é o que nos alentou para coleccionalos e pasalos da folla de xornal ao formato de libro moderno.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: ANDAVIRA
  • ISBN: 978-84-949590-1-1
  • EAN: 9788494959011
  • Año: 2019
  • Colección: SIN COLECCION
  • Nº páginas: 808
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.