CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL

CADERNO DUN REGRESO Á TERRA NATAL

978-84-8487-432-4 / 9788484874324
Aimé Fernand David Césaire (1913-2008)

Poeta, dramaturgo, ensaísta, intelectual e home político francés, nace na Martinica, no municipio de Basse Pointe, bordeado pola lambida histérica do océano atlántico, no seo dunha familia numerosa moi humilde. Emigra a París nos anos trinta grazas a unha bolsa de estudios para proseguir a súa formación académica. A mediados desta década, xunto con Léopold Sédar Senghor e Léon Gontran Damas, impulsará o movemento poético da Negritude.
O Caderno, sendo a súa obra máis representativa, expresa por primeira vez de xeito poético este concepto que pretende proclamar o dereito do negro a unha existencia autónoma. Escrito en primeira persoa, á semellanza da escrita automática surrealista, libra as visións que de xeito cinematográfico lle van aparecendo nese regreso real ou imaxinario á súa terra natal
durante unha mañá dende ao esmorecer a alba ata o final do día. A desolación impregna a primeira parte do poema, un sentimento que se torna en rebeldía, para se erixir en voceiro do seu pobo alienado pola colonización, tenta inculcarlle unha esperanza, reconstruír a súa identidade, revalorizar a condición de ser negro, e situalo nun humanismo rexenerador na cultural universal.
Sen dúbida, no momento no que foi escrito,unha obra revolucionaria que presentaba unha visión anticolonialista do mundo e que dá o primeiro aviso do inicio da descolonización e da emancipación dos pobos que se vivirá nos anos 50 do século pasado.
  • Envío en 3 días
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-432-4
  • EAN: 9788484874324
  • Año: 2019
  • Colección: Poesía
  • Nº páginas: 64
  • Traductor: GARCÍA FERNÁNDEZ, MANUEL ÁNGEL
  • Encuadernación: Rústica
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.