O 15M: O POBO INDIGNADO

O 15M: O POBO INDIGNADO

UNHA MIRADA CALIDOSCÓPICA DENDE GALIZA

978-84-8487-421-8 / 9788484874218
Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada
polo incremento das desigualdades sociais, o pobo,
desmobilizado, desorganizado, desmoralizado..., botouse á
rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida,
pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrupción
política..., en defi nitiva, pola degradación dos nosos
dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da
Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela,
ante unha manifestación inédita das clases populares, en
tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio.
Fronte a esta nova realidade, Edicións Laiovento non
podía permanecer indiferente. Velaí a razón deste libro que
tes nas túas mans: 15M: o pobo indignado, que pretende
analizar a realidade do movemento 15-M dende unha óptica
plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do
movemento que englobe a mirada analítica dun amplo grupo
de persoas, procedentes de diversos campos científi cos:
a política, a economía, a historia, a fi losofía, a socioloxía...,
xunto coa mirada comprometida d@ activista e a mirada
creativa d@ artista, e para iso contamos coa palabra de
Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Justo Beramendi,
Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos,
Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo
Viejo Viñas, Carlos Taibo, Roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos,
Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lídia Senra, Xoán Hermida
González, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López
Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo,
Margarita Ledo Andión, Diana Varela Puñal e Gustavo
Pernas Cora.
  • 8,00 €
  • No disponible temporalmente
  • Autor:
  • Editorial: UNIVERDAD DE CORUÑA
  • ISBN: 978-84-8487-421-8
  • EAN: 9788484874218
  • Año: 2019
  • Colección: ENSAIO
  • Encuadernación: Otros
  • No todos los libros están en existencias en la librería. Y algunos (pocos) no están en ventas. Antes de venir confirme su disponibilidad y venalidad.

 Aviso legal - Política Privacidad - Política de cookies - Condiciones generales de compra - Desistimiento
© 2024 Todos los derechos reservados.